Search With
- Autor: Ibrahim Hamadeh
- Descargar versión estable
- Compatibilidade con NVDA: 2019.3 en diante
Este complemento axúdache a procurar texto, a través de varios motores de
procura. Non selecciones ningún texto, e preme o xesto do complemento,
amosarase un diálogo, cunha caixa de edición para introducir unha procura,
para buscar con google preme intro, ou tab para procurar con outros motores.
E se queres procurar texto seleccionado, selecciona algo de texto e preme
unha vez, amosarase un menú con varios motores de procura para escoller. e
podes se queres, premer o xesto dúas veces para procurar o texto con Google
directamente.
O xesto por defecto para o complemento é: NVDA+ Windows+ S. Se o atallo non che funciona, ou fai conflito con outro, podes coma sempre engadir un xesto ou cambiar o existente indo a: menú NVDA>preferencias>xestosDeEntrada>categoría Search With.
Uso
- Se queres introducir unha procura, simplemente preme o xesto do
complemento. Amosarase un diálogo, cunha caixa de edición para introducir
o termo de procura.
- Queres procurar con google? simplemente preme intro
- Noutro caso tabula ata o botón Other engines (Outros Motores), e dalle un
espazo, amosarase un menú emerxente, con varios motores de procura a
escoller. Yahoo, Bing, DuckDuckGo, e Youtube. Éste é o menú por defecto, e
podes modificalo dende o panel de opcións do complemento.
- Outro xeito de utilizar o complemento, é seleccionando algo de texto. E ó
premer o xestos do complemento, ou calquera outro que lle asignases,
amosarase un menú virtual con varios motores de procura, xa sexa o menú
por defecto, ou calquera outro que ordeases de acordo coas túas
necesidades.
- Escolle un e preme intro, abrirase o navegador por defecto amosando os
resultados da procura. Ou, se queres procurar con Google directamente,
preme o xesto dúas veces, e feito.
- Queres lanzar o menú de procura para o portapapeis ou o último texto
falado? De acordo, sendo así podes, dende o diálogo de xestos de entrada,
asignar un xesto para:
- Lanzar o menú de procura para o texto do portapapeis, e premido dúas
veces procura ese texto en Google directamente.
- Lanzar o menú de procura para o último texto falado, e premido dúas
veces procura ese texto en Google directamente.
- Queres modificar o menú de Search with? Si podes facelo dende o panel de
opcións, e axustar o menú para que se adapte á súa persoalidade e
necesidades.
- Podes dende alí, engadir ó menú de Search with, outros motores de procura
dispoñibles. E podes se queres, eliminar un elemento del, mover un
elemento arriba, mover un elemento abaixo, ou devolver e configurar o menú
ó estado predeterminado.
- Se queres que estas modificacións sexan permanentes, debes gardar a
configuración logo.
- Queres procurar en Google utilizando outras opcións de lingua?
-
Entón, vai á categoría Search With nos paneis de opcións, dende a caixa
combinada de alí, podes escoller buscar en Google dos seguintes xeitos:
- Utilizando as opcións e lingua do navegador.
- Utilizando a lingua do NVDA.
- Utilizando a lingua do Windows.
-
Aínda máis, tes a opción de escoller a procura por defecto no diálogo de
Search with. Dende a caixa combinada de opcións para a procura por defecto
no panel de opcións, podes escoller entre
- Deixar en Branco
- Utilizar texto do portapapeis
- Utilizar último texto falado
-
E se se escollen o portapapeis ou o último texto falado, o texto na caixa
de búsqueda amosarase seleccionado, de xeito que poidas sobrescribilo
facilmente.
- Finalmente, en especial para usuarios avanzados
- Podes, mediante unha caixa de verificación no panel de opcións, escoller
se desexas preservar o teu cartafol de datos cando instales unha nova
versión. Ten en conta, escollendo isto non obterás novos motores de
procura, se se incluíu algún na nova versión do complemento.
E iso é todo, desexo que procures o ben e o atopes, feliz procura!
Trocos para 1.8
- Engadida unha caixa de verificación no panel de opcións, para permitir a
usuarios avanzados preservar o seu cartafol de datos.
- Engadidos dous novos elementos nos xestos de entrada:
- lanzar menú de procura para o texto do portapapeis, premer dúas veces
para procurar en Google directamente.
- lanzar menú de procura para o último texto falado, premer dúas veces
para procurar en Google directamente.
Trocos para 1.7
- Feita unha caixa combinada nas opcións do complemento, para escoller unha
opción para a procura por defecto no diálogo de Search with.
- Podes seleccionar entre deixar en blanco, utilizar o texto do portapapeis,
ou utilizar o último texto falado.
Cambios para 1.2
- Engadidos máis sitios que poderían engadirse ó menú, como Stackoverflow,
Stackexchange, GoogleBooks e outros.
- Engadidas as opcións para utilizar o último texto falado como procura por
defecto, no diálogo de search with.
Cambios para 0.4
- Engadido un diálogo se non hai texto seleccionado, para introducir unha
procura.
- Faise posible modificar o menú de Search with dende o panel de opcións,
para adaptarse ás necesidades do usuario.
Cambios para 0.3
- Engadido panel de opción, dando maiores opcións de lingua na busca de
Google.
Cambios para 0.1
[[!tag dev stable]]